Logo Aulusc

Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela

Submitted by xulio on Wed, 2008-09-10 15:15.

Dúas consolas de código aberto

Ultimamente recóllese en múltiples noticias a nova consola de Gamepark Holdings, terceira revisión da serie GP2X; mais penso que en varios medios se esta obviando que non é a unica.

Concretamente comentar que existe outra digna cando menos de mención, que incorpora teclado, conectividade inalámbrica e incluso se pode presentar como unha alternativa aos ultra-portátiles nacida para ser usada en Linux: Pandora

Submitted by jal on Wed, 2008-05-21 14:20.

Convocada a primeira edición das Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08

Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino. As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitar a potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.

Submitted by fabi on Fri, 2007-09-07 12:33.

II Xornadas de Software Libre na USC

Os días 20 e 21 deste mes de setembro realizaranse as "II Xornadas de Software Libre na USC", un evento de referencia para a intercolaboración dos LUGs galegos, co obxectivo de intercambiar experiencias, presentar relatorios e obradoiros referentes ao Software Ceibe.
Este ano, igual que o anterior, a temática principal versará sobre redes en GNU/Linux e outros sistemas Ceibes. Os principais temas de interese nesta edición son os seguintes:

  • Técnicas para construir un sistema "Live" para un cd, instalación por rede, clústeres instantaneos ou clientes lixeiros
  • Presentación do Proxecto Belenus de construcción e arquitectura dun servidor solar autónomo multifuncional
  • Instalación e configuración dun servizo de mensaxería interna que permita enviar mensaxes off-record empregando o servizo jabber
  • Instalación de FreeBSD, configuración básica dun sistema BSD, manexo e administración de FreeBSD, instalación dos “servicios típicos” (*AMP)
  • Alternativas para a virtualización de redes de área local con Qemu
  • Descripción, instalación e configuración de redes seguras con VPN's e IPSEC
Submitted by BLuEGoD on Mon, 2007-03-05 22:16.

Representación de la USC en el I Concurso Universitario de Software Libre

Entre los 93 participantes del Concurso Universitario de Software Libre tenemos un proyecto llamado AulaChat siendo el único presentado de la USC.

El proyecto está desarrollado desde el inicio del concurso desde cero, e intenta proveer un sistema de comunicación alumno-profesor basado en un protocolo propio.

Actualmente queda un mes para finalizar el plazo del concurso, y el proyecto aunque no estará finalizado, se espera lanzar una versión medianamente funcional antes del final del concurso para poder probar algo estable, al menos en el servidor donde se está programando, para que la gente pueda conectarse y probarlo.

Xornadas DescubreLinux 07

Descubre Linux 07

Por segundo ano dende AULUSC e coa colaboración da ETSE organizamos unhas xornadas para aqueles que estean interesados en dar os primeiros pasos con GNU/Linux.

O obxectivo desta actividade é facilitar a iniciación no uso de tanto do sistema operativo como de software libre. Para elo organizamos unha install party na que che axudamos a instalar Linux no teu equipo de traballo. Tamén realizaremos diveros obradoiros e mostras ( 2 horas aproximadamente) para que perdas o medo e coñezas as posibilidades de traballo sobre este sistema operativo.

Submitted by diegorm on Thu, 2006-12-14 11:45.

Conferencia sobre Software Libre en Matemáticas

O próximo xoves 21 de decembro terá lugar a conferencia "Recursos de Software Libre para la Simulación Numérica en la Investigación y la Docencia" a cargo de Ana Ferreiro Ferreiro. A conferencia será no Seminario 2.1 do Departamento de Matemáticas da Facultade de Informatica da Universidade de A Coruña, pero poderase seguir mediante videoconferencia na Aula de Videoconferencia da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Submitted by tecedor on Wed, 2006-11-29 21:10.

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria:

Tal como establecen os artigos 17, 18 e 19 dos estatutos da AULUSC:
Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de
Compostela, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria para o próximo Xoves,
14 de Decembro do 2006 no local de alumnos da Escola Técnica Superior
de Enxeñería (ETSE) (Rúa Lope Gómez de Marzoa, Campus Universitario
Sur, 15782 Santiago de Compostela).

Primeira convocatoria: 19:30 horas.
Segunda convocatoria: 20:00 horas.

O orde do día é o seguinte:

1º Aprobación da acta da anterior asemblea.
2º Lectura da orde do día.

Xornadas Liberate 06

Liberate 06

Aulusc organiza unhas xornadas orientadas aos alumnos da USC e amosarán as altenativas en software libre dos programas que utilizamos habitualmente a través de pequenos obradoiros. En concreto, as xornadas comprenden catro obradoiros, de dúas horas cada un, que tratarán sobre OpenOffice.org, Gimp, Inkscape, Firefox, Thunderbird e Gaim, explicando e poñendo en práctica o uso destes programas, dispoñibles tanto para Linux como para Windows.

Lugar

Os obradoiros terán lugar na AULA I2, situada na Escola Técnica Superior de Enxeñería (Rúa Lope Gómez de Marzoa - Campus Sur - Santiago de Compostela). O lugar podes visualizalo neste mapa.

A Live Session terá lugar na AULA I5 da ETSE situada nos baixos do Edificio Monte da Condesa (enfrente ás pistas de atletismo).

Submitted by diegorm on Mon, 2006-10-23 17:19.

Libérate 06

A mediados de novembro está previsto que se celebren na ETSE as Xornadas Libérate 06, organizadas por AULUSC. Estas xornadas, pensadas para alumnos da USC, amosarán as altenativas en software libre dos programas que utilizamos habitualmente a través de pequenos obradoiros. En concreto, serán catro obradoiros, de dúas horas cada un, que tratarán sobre OpenOffice.org, Gimp, Inkscape, Firefox, Thunderbird e Gaim. Próximamente, haberá máis información sobre as datas, os obradoiros e a inscrición nos cursos.

Submitted by alroirm on Sun, 2006-09-24 12:11.

I Concurso Universitario de Software Libre

La Universidad de Sevilla (entre otros) convoca el I Concurso Universitario de Software Libre.

El objetivo consiste en la realización de un proyecto SL enmarcado en una de las siguientes cuatro categorías: Ocio y educación, desarrollo web, distribuciones y sistemas. El período de presentación de proyectos vence el 13 de Octubre, y el tiempo de desarrollo es entre dicha fecha y Abril.

Para el desarrollo la organización proveerá una forja y un blog para cada proyecto. Se pueden presentar grupos de hasta tres personas. Los premios son en metálico, para cada categoría.